miércoles, 1 de diciembre de 2021

Welcome Fred!

Hello!

Hoxe na clase de 5 anos tivemos unha visita moi especial... coa chegada do mes de decembro temos un novo integrante na aula...

Presentámosvos a Fred!

 


Fred é un elfo que Santa enviou especialmente o noso cole e que soamente fala inglés! Cada noite, cos seus magic powers, viaxa ata o Polo Norte e informa a Santa de cómo se portaron os nenos e nenas ese día. 

A súa volta, este elfo fedello, fará algunha simpática trastada que iremos amosando máis adiante ;)


Polo de hoxe, os nenos e nenas de cinco anos, coñeceron a Fred e a súa historia e colorearon uns debuxos que chegaron especialmente dende o North Pole ata o despacho de Bárbara.

























E por último, aquí temos unhas fotos dos nosos maiores de infantil amosando os seus debuxos a Fred.















Seguiremos informando das novas trastadas próximamente...


Lots of love xx

Teacher Ainoa





lunes, 29 de noviembre de 2021

Outono

 Durante estas semanas estivemos traballando o tema do outono, facendo distintas actividades con materiales típicos desta época; follas, froitos...


Algún nenos da clase nos trouxeron follas e froitos do outono que estivemos a ver, a falar de eles e a tocar.





Outro día estivemos a xogar coas cores típicas de outono o laranxa, marrón, vermello e amarelo. Fixemos as follas das arbores estampando a patata.










E tamén tivemos o Magosto, aunque adaptándonos os tempos en que estamos tivo que ser no colexio.























jueves, 25 de noviembre de 2021

English time!

 

      Hello families!
    

Hoxe traémosvos un pequeno vídeo para que vexades o ben que traballan os pequenos. Nesta ocasión  pintaron unha ficha para aprender as cores en inglés, e despois entre todos, cantamos a canción das cores. 
Unha aperta,
Teacher Ainoa.






domingo, 14 de noviembre de 2021

Aprendemos xogando

 Os nenos de 5 anos divírtense ao mesmo tempo que aprenden os números e as letras, con distintos materiais didácticos na aula.