sábado, 21 de junio de 2025

Últimos cumpreanos do curso

 Este xoves celebramos o resto de aniversarios dos nosos leonciños.

Foi unha xornada moi divertida.

Iman da clase de 3 anos.






Érika, Allegra, Hada e Kiara da clase 5 anos.


E a última comilona que fixemos deste curso. 

Mmmm! Que ricas están as lambetadas.














jueves, 12 de junio de 2025

GRADUACIÓN INFANTIL 2025

Este martes 10 de xuño vivimos un día cheo de emocións, sorrisos e algún que outro lagrimón. Os nosos pequenos leonciños puxeron o broche final a unha etapa marabillosa: a súa aventura en infantil.

Foi un camiño cheo de aprendizaxes, xogos, amizades e moitos abrazos. Medraron en altura, pero sobre todo medraron en corazón, curiosidade e ilusión.

Agora prepáranse para dar un paso moi importante: en setembro comezarán a primaria. Están listos, valentes e cheos de ganas, e nós non podemos estar máis orgullosos de cada un deles.

Parabéns, leonciños! O voso rugido xa se escoita forte e claro. 







miércoles, 11 de junio de 2025

VISITAMOS A BIBLIOTECA NEIRA VILAS.

Hoxe, os nosos pequenos exploradores de infantil van embarcáronse nunha aventura moi especial na biblioteca Neira Vilas. Con moito entusiasmo, descubriron o marabilloso mundo dos contos, onde as historias cobran vida e nos levan a lugares máxicos e inesquecibles. Foi un día cheo de diversión, aprendizaxe e moitas sorpresas. 

Nesta saída tivemos a sorte de que nos acompañou algúns familiares, dende o blog queremos agradecer a axuda que nos prestaron.















domingo, 1 de junio de 2025

Cumpreanos

Coma todos os venres de final de mes celebramos os aniversarios. Tivemos unha gran merendola cunhas tartas de lamberse os dedos.

As cumpleañeras soprando as velas.


Alessandra da clase de 5 años.


Alexia, da clase de 4 años.


Sofía da clase de 4 años.



Isabel da clase de 4 años.



A merendola que tomamos.Mmm! todo riquísimo 😋.



























viernes, 30 de mayo de 2025