jueves, 12 de junio de 2025

GRADUACIÓN INFANTIL 2025

Este martes 10 de xuño vivimos un día cheo de emocións, sorrisos e algún que outro lagrimón. Os nosos pequenos leonciños puxeron o broche final a unha etapa marabillosa: a súa aventura en infantil.

Foi un camiño cheo de aprendizaxes, xogos, amizades e moitos abrazos. Medraron en altura, pero sobre todo medraron en corazón, curiosidade e ilusión.

Agora prepáranse para dar un paso moi importante: en setembro comezarán a primaria. Están listos, valentes e cheos de ganas, e nós non podemos estar máis orgullosos de cada un deles.

Parabéns, leonciños! O voso rugido xa se escoita forte e claro. 







No hay comentarios:

Publicar un comentario