Visita ao Porto de Vigo – Último Día de Curso
O último día de curso fixemos unha visita moi especial ao Porto de Vigo, un dos máis importantes de Europa. Durante o percorrido, coñecemos de preto o funcionamento da Cámara dos Frescos, dos Conxelados e dos Vivos, onde aprendemos como se clasifican, conservan e transportan os produtos do mar.
Tamén nos explicaron como funciona a Lonxa, o lugar onde se poxa o peixe acabado de chegar. Foi unha experiencia moi interesante e educativa para pechar o curso dunha forma diferente e divertida.
Momento da merenda
No hay comentarios:
Publicar un comentario