sábado, 21 de junio de 2025

Visita o Porto de Vigo

 

Visita ao Porto de Vigo – Último Día de Curso

O último día de curso fixemos unha visita moi especial ao Porto de Vigo, un dos máis importantes de Europa. Durante o percorrido, coñecemos de preto o funcionamento da Cámara dos Frescos, dos Conxelados e dos Vivos, onde aprendemos como se clasifican, conservan e transportan os produtos do mar.

Tamén nos explicaron como funciona a Lonxa, o lugar onde se poxa o peixe acabado de chegar. Foi unha experiencia moi interesante e educativa para pechar o curso dunha forma diferente e divertida.




























































                                                                    Momento da merenda





Visita a lonxa.





Últimos cumpreanos do curso

 Este xoves celebramos o resto de aniversarios dos nosos leonciños.

Foi unha xornada moi divertida.

Iman da clase de 3 anos.






Érika, Allegra, Hada e Kiara da clase 5 anos.


E a última comilona que fixemos deste curso. 

Mmmm! Que ricas están as lambetadas.














jueves, 12 de junio de 2025

GRADUACIÓN INFANTIL 2025

Este martes 10 de xuño vivimos un día cheo de emocións, sorrisos e algún que outro lagrimón. Os nosos pequenos leonciños puxeron o broche final a unha etapa marabillosa: a súa aventura en infantil.

Foi un camiño cheo de aprendizaxes, xogos, amizades e moitos abrazos. Medraron en altura, pero sobre todo medraron en corazón, curiosidade e ilusión.

Agora prepáranse para dar un paso moi importante: en setembro comezarán a primaria. Están listos, valentes e cheos de ganas, e nós non podemos estar máis orgullosos de cada un deles.

Parabéns, leonciños! O voso rugido xa se escoita forte e claro.